Mestrado Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

 

O Mestrado Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras da USC busca dar resposta a unha crecente demanda de formación especializada en xestión local.

Os gobernos locais levan anos incidindo na necesidade de contar con persoal especializado para poder abordar os novos retos, entre os cales destacan o proceso de modernización e de cambio acelerado no que ditas Administracións están inmersas, no seu esforzo por ser máis eficientes, máis eficaces e máis próximas á cidadanía.

Trátase de necesidades formativas clave, como a xestión e liderado da gobernanza multinivel, a participación e innovación democrática, o desenvolvemento de políticas locais innovadoras, a aplicación de novas tecnoloxías á prestación de servizos públicos, a innovación en materia de xestión orzamentaria e de recursos humanos, a planificación estratéxica ou a xestión de proxectos e captación de fondos, ás cales, entre outras, pretende dar resposta este título.

O mestrado impártese na modalidade presencial e consta de 60 créditos ECTS, ofrecendo unha formación troncal común e a posibilidade de escoller entre dous itinerarios.

 

Novidades


ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2025-2026

A solicitude de prazas para este mestrado estará aberta entre o 23 de xuño e o 16 de xullo. A publicación da primeira adxu [+]

> Prazas ofertadas

Cada curso académico este mestrado oferta 25 prazas, das cales 5 resérvanse para o alumnado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior a través dunha convocatoria anticipada.

 

> Impartición e duración

O mestrado impártase en modalidade presencial e a súa duración é dun curso académico -entre setembro e xullo de cada curso académico-.

As clases desenvólvense de luns a venres en horario de mañá.

Ofértanse tres prazas para cursar o mestrado a tempo parcial.

 


Porque escoller este mestrado

 

Este mestrado permitirá ao alumnado adquirir unha formación completa, avanzada e innovadora en materia de xestión e políticas públicas locais, dotándoo das competencias necesarias para abordar profesionalmente a gobernanza local. Asemade, tamén proporcionará os coñecementos e competencias requiridas para poder levar a cabo investigacións aplicadas sobre políticas públicas y gobernos locais.

 

A quen vai dirixido

O mestrado está dirixido fundamentalmente a tres tipos de público:

  • Alumando xa graduado que desexe especializarse no ámbito de actuación dos gobernos e administracións locais, ben para orientar a súa práctica profesional cara este nivel de goberno ben para iniciar a súa carreira académica e focalizar a súa liña de investigación no eido das políticas públicas e/ou dos gobernos locais.
  • Representantes políticos/as e profesionais do ámbito local: alcaldes/as, concelleiros/as, altos directivos, funcionariado, profesionais e persoal técnico dos concellos, das organizacións non-gobernamentais e de todas as entidades sociais que participan, interactúan e colaboran cos gobernos locais no desenvolvemento dos seus territorios e na promoción do benestar das súas comunidades.
  • Profesionais do sector privado -consultaría e provedores de servizos destinados ao ámbito local- que traballan directamente cos municipios.

 



MATRÍCULA

Ante a igualdade de condicións priorizarse, en primeiro lugar, aos titulados e tituladas en Ciencias Sociais e Xurídicas e Humanidades e, en segundo lugar, a orde de inscripción.

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

A inserción laboral do alumnado abarca tanto as administracións locais como as entidades do terceiro sector e as empresas privadas que desenvolven a súa actividade no ámbito (...)

 

CUSTO, BOLSAS E FINANCIACIÓN

A USC, o Ministerio de Educación, a Xunta de Galicia e outras administracións e fundacións sosteñen diversos programas e axudas para favorecer o acceso a estudios universitarios (...)

 

 

 

 

 

 

Máster en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras USC » Lugar: Campus Vida, Avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña » Tlf: 881815192

Máster Universitario en Gobierno local y Politicas Públicas Innovadoras, es un Máster altamamente especializado cuya formación esta compuestas por prestigiosos profesores universitarios de la Facultad de Ciencias Politicas de la Universidad de Santiago de Compostela. Máster Universitario en Gobierno local y Politicas Públicas, trata de necesidades formativas clave, como la gestión y el liderazgo de la gobernanza multinivel, la participación democrática y la innovación, el desarrollo de políticas locales innovadoras, la aplicación de las nuevas tecnologías a la prestación de servicios públicos, la innovación en la gestión presupuestaria y de recursos humanos, la planificación estratégica o la gestión de proyectos y la captación de fondos, a las que, entre otras, este título pretende dar respuesta. Facultad de Ciencias Politicas USC. Si tu objetivo como alumno es adquirir una formación completa, avanzada e innovadora en gestión y políticas públicas locales, dotándote de las habilidades necesarias para abordar profesionalmente la gobernanza local, el Máster Universitario en Gobierno local y Politicas Públicas Innovadoras, es lo que precisas en Facultad de Ciencias Politicas de la USC, en Santiago de Compostela.