Profesorado

 

O Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras dispón dun amplo e experimentado equipo de profesorado para impartir as materias contidas no plan, involucrando a súa docencia a seis áreas de coñecemento e catro departamentos.

Todos os departamentos implicados dispoñen dun amplo cadro de persoal, integrado maioritariamente por profesorado doutor, a maior parte cunha longa experiencia formativa e, polo tanto, capacitado para transmitir as competencias contidas no plan.

 

 

 

 

Alba Alonso Álvarez

 

Profesora Titular de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas principais liñas de investigación abordan a implementación das políticas públicas de igualdade, a análise do federalismo e as dinámicas territoriais e a incorporación da mirada de xénero nas institucións científicas. É integrante da Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social e foi investigadora visitante en University of Edinburgh, Washington State University e Vrije Universiteit Brussel.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58189/detalle?lang=es

 

 

 

Bran Barral Buceta

 

Profesor axudante doutor na USC incorporado á área de Socioloxía dende 2021. A súa experiencia docente iniciouse en 2018, cubrindo disciplinas de grao e máster en análise cuantitativa, políticas públicas e socioloxía aplicada. Doutorado en Ciencias Políticas (2021), a súa tese sobre eSaúde, cualificada como Sobresaliente Cum Laude, aborda a implementación de políticas tecnolóxicas na sanidade. A súa investigación céntrase na equidade no acceso á saúde e ás tecnoloxías, con especial atención á fenda dixital, as áreas metropolitanas e a exclusión en xeral. Ademais, participa en proxectos europeos e forma parte do Equipo de investigación ISOPOLIS.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/446406/detalle

 

 

 

Ramón Angel Bouzas Lorenzo

 

Doutor e profesor titular en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) con investigacións centradas en diferentes áreas da xestión pública. Posúe experiencia en órganos de goberno universitarios, destacando o seu desempeño como Decano da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC entre 2017 e 2024. Actualmente forma parte do grupo de investigación ISOPOLIS: Investigación Social e Políticas Públicas.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58437/detalle?lang=es

 

 

 

José Caamaño Alegre

 

Profesor de Economía Política e Facenda Pública da USC. Licenciado e Doutor en Dereito, cunha Tese realizada na Área de Economía Aplicada. As súas achegas científicas téñense centrado na xestión pública, na economía delituosa, e nos aspectos metodolóxicos e filosóficos das ciencias sociais. Pertence ao Governance and Economics research Network (GEN) e á Red Localis, así como ao grupo de investigación ECOAGRASOC.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58466/detalle?lang=es

 

 

 

José Manuel Carnota García

 

Avogado e economista, profesor asociado de Economía Aplicada Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Visitar https://www.usc.gal/es/departamento/economia-aplicada/directorio/jose-manuel-carnota-garcia-41506

 

 

 

Andrés Cernadas Ramos

 

Licenciado en Economía (UB, Máster en Gestión Pública (UAB) e Doutor en Ciencia Política (UAB). Primero Premio de Investigación Social 2009, patrocinado por Caixa Madrid. Profesor Emérito Ad Honorem do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía e integrante do grupo de investigación ISOPOLIS: Investigación Social e Políticas Públicas. Os seus ámbitos de estudo e investigación centranse na avaliación de políticas e na política sanitaria e conta con diversas publicacións de impacto sobre esas materias. Asimismo, recentemente publicou os libros de poesía: Seremos agua (Ediciones Oblicuas), Sendero junto al río (Chiado Books) y Cando a choiva xa non molla (Editorial Medulia).

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58644/detalle?lang=es

 

 

 

Damaris Cuadrado González

 

Dámaris Cuadrado é doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (2018) e docente na área de Psicoloxía Organizacional e Xurídica-Forense. Forma parte do Grupo de Investigación en Recursos Humanos e Rendemiento. A súa investigación centrase no campo da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións foi publicada en revistas científicas de alto impacto (Journal of Personality and Social Psychology, Journal of Intelligence, PLoS ONE, entre otras) e difundida nos principais congresos da disciplina (conta con 39 comunicaciones, 29 realizadas en congresos internacionais). É Consulting Editor e revisora do Journal of Work and Organizational Psychology e participou, ata o momento, en catro proxectos de investigación competitivos nacionais e internacionais. Na actualidade, é Vicedecana da Facultade de Relacións Laborais.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/107202/detalle?lang=es

 

 

 

Isabel Diz Otero

 

Doutora en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) con investigacións centradas nos parlamentos, as élites parlamentarias, a participación política das mulleres e as políticas públicas de xénero. Profesora de Ciencia Política da USC e integrante da Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social.
Foi a primeira coordinadora de Oficina de Igualdade de Xénero da USC e actualmente é directora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da citada universidade.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58784/detalle?lang=es

 

 

 

Ignacio Elpidio Domínguez Ruíz

 

Doutor pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM) coa tese Arcoirís mundiales y locales: la promoción de la diversidad de Madrid entorno al World Pride 2017 (2019). Profesor de Socioloxía da USC e integrante do grupo de investigación ISOPOLIS: Investigación Social e Políticas Públicas.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/1220039/detalle

 

 

 

Xoaquín María Fernández Leiceaga

 

Doutor en economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesor titular de economía aplicada da USC. Actualmente, forma parte do grupo de investigación ECOAGRASOC: Grupo de Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58900/detalle?lang=es

 

 

 

D. Francisco Jesús Ferreiro Seoane

 

Profesor Titular de Economía Aplicada (USC), Doutor en Economía (UDC), Másters en la U Vigo, Banco España, IE, IESE, e Instituto Microsoft. As súas liñas de investigación están relacionadas coas Políticas Públicas e a xestión nos ámbitos público e privado. Ten dous sexenios, tres quinquenios, y unha produción científica superior aos 200 documentos. Á súa vez, dispón de ampla experiencia no ámbito da xestión pública (IGAPE) e privada, tendo sido directivo de empresas nacionais e multinacionais.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58965/detalle?lang=es

 

 

 

Francisco Eduardo Haz- Gómez

 

Doutor internacional en Socioloxía e Ciencia Política pola Universidade da Coruña (2016). Profesor de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro do equipo Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS). Os seus ámbitos de investigación abarcan: a exclusión social, sociedade dixital, políticas públicas e socioloxía urbana, entre outras. Os seus traballos profundizan aos riscos de fragmentación social, económica e política que implican os procesos de dixitalización.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/186106/detalle?lang=es

 

 

 

Marta Irene Lois González

 

Doutora en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesora de Ciencia Política e actual Decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Integrante da Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social. A súa investigación articúlase sobre unha serie de eixos complementarios que son a perspectiva de xénero e a análise das políticas públicas e a teoría política feminista. Asemade, nos últimos anos tivo responsabilidades públicas no ámbito local que lle permitiron implementar políticas de igualdade e pór na práctica o mainstreaming de xénero.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/59418/detalle?lang=es

 

 

 

Rubén Camilo Lois González

 

Profesor catedrático de Análise Xeográfico Rexional da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Coordinador do Grupo de Investigación ANTE e director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). As súas liñas de investigación céntranse na xeografía urbana e cultural, a análise turística de cidades históricas, itinerarios culturais e rutas de peregrinación. Actualmente, ocupa o cargo de vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional (UGI/IGU) e é membro activo da Asociación Española de Xeografía (AGE).
Anteriormente, exerceu como secretario e director del Departamento de Xeografía de la USC, decano da Facultade de Xeografía e Historia e director xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/59419/detalle?lang=es

 

 

 

Carlos Lubián Graña

 

Doutor en Socioloxía (Universidades de Jaén, Granada e Pablo de Olavide) coa tese Segregación escolar y estrategias familiares de elección de centro: La población inmigrada en el contexto escolar de Granada (2021). Profesor de Socioloxía da USC e integrante do grupo de investigación ISOPOLIS: Investigación Social e Políticas Públicas. As súas liñas de investigación principais se enmarcan nas desigualdades educativas, segregación escolar e traxectorias escolares.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/844845/detalle

 

 

 

Victor Hugo Martínez Ballesteros

 

Víctor Hugo M. Ballesteros é Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde exerce como Profesor de Economía Aplicada. É integrante do grupo de investigación ECOPESCA: Economía Pesqueira e Recursos Naturais. As súas principais áreas de interese céntranse no goberno dos recursos naturais, cun énfase especial no ámbito da pesca e nas problemáticas ambientais derivadas de causas antropoxénicas. En 2024 foi galardoado co XI Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/59573/detalle?lang=es

 

 

 

Natalia Paleo Mosquera

 

Profesora de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Mestrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras. Forma parte da Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social. As súas principais liñas de investigación están centradas na análise de políticas públicas de igualdade, nos gobernos locais e nos movementos feministas.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/59823/detalle?lang=es

 

 

 

María José Piñeira Martiñán

 

Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesora titular do Departamento de Xeografía e Historia. Actualmente forma parte do grupo de investigación ANTE: Análise territorial.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/59943/detalle?lang=es

 

 

 

Fco. Javier Sanjiao Otero

 

Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) especialista en xestión cultural e economía da cultura. Secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego e da Fundación Antonio Fraguas Fraguas. Pertence á Rede Armela de Investigación en Igualdade, Dereitos e Estado Social.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/60329/detalle?lang=es

 

 

 

Andrea Garrido Juncal

 

Doutora en Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais líneas de investigación son a prestación dos servicios sociais e a prevención da corrupción nas Administracións, aunque paralelamente ten desenvolvido a súa actividad investigadora de maneira puntual noutros ámbitos (Dereito local, contratación pública...). Ademais ten unha experiencia de máis de 11 anos no ámbito da docencia universitaria, sendo docente en diferentes cursos dirixidos a empleados públicos.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/59138/detalle?lang=es

 

 

 

Jesús Manuel Benítez Baleato

 

Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) especializado en tecnoloxías dixitais. No ámbito académico contribuíu á implementación de políticas dixitais fomentando o software libre e os estándares abertos a nivel gubernamental. Actualmente forma parte do Equipo de Investigacións Políticas.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/58375/detalle?lang=es

 

 

 

Andrei Quintiá Pastrana

 

Investigador Ramón y Cajal na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa investigación céntrase no estudo do dereito á vivenda e as políticas públicas de desenvolvemento urbano. É integrante da Rede Armela e de varias redes internacionais de investigación como a Law & Society Association ou a European Network of Housing Research. Durante dous anos colaborou co proxecto EVICT na Universidade de Groningen investigando o dereito á vivenda a través de técnicas de machine learning e network science. Foi investigador visitante nas Universidades de Oxford, Estocolmo, Coímbra e Wakayama.

Visitar https://investigacion.usc.gal/investigadores/186167/detalle?lang=es