Novidades

 

Neste apartado presentaranse as novidades e información relevante sobre o Máster de Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras.

 

 

 

Convocatoria de Bolsas para a Matrícula no Máster en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

 

Este curso académico 2026-2027, no marco dun convenio entre a Deputación da Coruña e a USC, ofrécense 15 bolsas para a matricula no Máster en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras: 7 bolsas para o alumando en xeral que resida na provincia da Coruña e 8 bolsas para persoal técnico da Deputación ou dos Concellos de dita provincia. O prazo para solicitar unha bolsa está aberto ata o día 16 de xullo. Podedes acceder á convocatoria a través do seguinte link:

 

Visitar https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/139818/carga.htm

 

 

 

 

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2026-2027

 

A solicitude de prazas para este mestrado estará aberta entre o 22 de xuño e o 16 de xullo. A publicación da primeira adxudicación de prazas farase o 29 de xullo, con sucesivas convocatorias de prazas vacantes ata o 10 de agosto.

 

Visitar https://www.usc.gal/es/admision/master

 

 

 

 

 

Máster en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras USC » Lugar: Campus Vida, Avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña » Tlf: 881815192