Para obter o título do Méstrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras o alumnado debe superar un total de 60 créditos ECTS.
O plan de estudos estrutúrase da seguinte maneira:
- 5 materias de carácter obrigatorio (24 créditos ECTS)
- 4 materias de carácter optativo (12 créditos ECTS)
- Prácticas externas (9 créditos ECTS)
- Traballo de Fin de Máster (6 créditos ECTS)
Todas as materias teñen carácter cuadrimestral. O plan de estudos está deseñado para que a carga lectiva entre cuadrimestres sexa equilibrada. Tanto as prácticas externas coma o TFM realizaranse xeralmente no segundo cuatrimestre.
Todo o alumnado debe cursar as seguintes materias obrigatorias, que se desenvolven durante o primeiro cuadrimestre:
1. Organización do Goberno e da Administración Local (3 créditos ECTS)
2. Procedemento Administrativo e Contratación Pública (6 créditos ECTS)
3. Facendas Locais e Xestión Orzamentaria (6 créditos ECTS)
4. Goberno Local e Innovación Democrática (6 créditos ECTS)
5. Políticas Sociais Innovadoras e Axenda 2030 (3 créditos ECTS)
Itinerario Profesional:
1. Planificación Estratéxica no Ámbito Local (3 créditos ECTS)
2. Deseño e Marketing de Servizos Público (3 créditos ECTS)
3. Liderado e Habilidades Directivas (3 créditos ECTS)
Itinerario Investigador:
1. Análise de políticas públicas (3 créditos ECTS)
2. Técnicas de investigación aplicadas (3 créditos ECTS)
3. Avaliación de políticas públicas e control de xestión (3 créditos ECTS)
O alumnado debe cursar 12 créditos de materias optativas, a escoller entre as seguintes:
1. Economía social e promoción económica (3 créditos ECTS)
2. Función pública e xestión de recursos humanos (3 créditos ECTS)
3. Territorio, usos e servizos urbanos (3 créditos ECTS)
4. Deseño e xestión de proxectos e captación de fondos doutras administracións (3 créditos ECTS)
5. Análise e interpretación de datos cuantitativos (3 créditos ECTS)
6. Transversalidade e políticas de igualdade (3 créditos ECTS)
7. Goberno aberto e adminstración electrónica (3 créditos ECTS)
8. Novas tecnoloxías aplicadas á xestión de servizos locais (3 créditos ECTS)
Todas estas materias optativas desenvólvense no segundo cuadrimestre.
Ademáis, o alumnado tamén pode cursar como materias optativas as correspondentes ao itinerario no cal non se matriculou ( por exemplo, se alguén escolle o itinerario Profesional, se o desexa pode seleccionar como materias optativas algunha ou todas as materias do itinerario de Investigación).
Poden consultarse todas as guías didácticas no seguinte link: