A finalidade do programas de prácticas externas do mestrado é promover o desenvolvemento profesional e a inserción laboral dos futuros titulados e tituladas. Para isto, o programa permite por a proba os coñecementos e habilidades adquiridas durante o curso, así como descubrir novas posibilidades de aplicación. Ademais, as prácticas pretenden fomentar as oportunidades profesionais e difundir o perfil competencial do alumnado entre as distintas entidades colaboradoras.
As prácticas consistirán na realización de actividades habituais nunha organización directamente relacionada coa xestión e as políticas locais (administración local, consultaría especializada, organización do terceiro sector, etc.) durante un tempo equivalente a 9 créditos ECTS.
O alumnado que opte pola orientación investigadora tamén poderá realizar as súas prácticas en grupos ou centros de investigación.
As persoas que acrediten experiencia laboral no ámbito dos gobernos locais e as súas políticas públicas poderán solicitar o recoñecemento de dita materia, para que se pronuncie sobre a súa pertinencia a Comisión Académica do Mestrado, seguindo os criterios establecidos ao efecto.
Entidades nas que se ofertaron prácticas profesionais durante os últimos cursos foron:
· Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)
· Secretaria Xeral da Emigración, Xunta de Galicia
· Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
· Consello de Contas de Galicia
· Concello da Pobra do Caramiñal
· Concello de Oroso
· Deputación de Pontevedra
· Concello de Pontecesures
· Concello da Coruña
· Concello de Ordes
· Concello de Vilagarcía
· Concello de Ames
· Concello de Castrelo de Miño
· Concello de Allariz
· Concello de A Baña
· Concello de Brión
· Abeluria
· SILO Consultoría
· Rent a Brain-Consultaría Sector Público
· Grupo Municipal de Compostela Aberta
· Grupo Municipal de Partido Popular Santiago
· Grupo Municipal de BNG Santiago
· Simplemente Avanza
· Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC
· Grupo de Investigación Isópolis (USC)
· Grupo de Investigación Armela (USC)
· Quorum Económico
· Comgo Bien Común, Sociedad de Beneficio e Interés Común S.L.
A oferta de prácticas profesionais deste mestrado actualizase cada curso académico, co obxectivo de ir ampliando e diversificando o máximo posible as entidades participantes. Ademais, o alumando de cada curso tamén pode propoñer entidades específicas nas cales lle gustaría realizar as súas prácticas profesionais e no caso de que estas estean de acordo desde a equipa de coordinación do mestrado propiciamos a realización dun convenio de colaboración.