A inserción laboral do alumnado abarca tanto as administracións locais como as entidades do terceiro sector e as empresas privadas que desenvolven a súa actividade no ámbito da xestión local.
As oportunidades de inserción laboral nas administracións locais son favorables actualmente por varias razóns:
• Redimensión actual ao incremento do emprego público e especificamente dos cadros de persoal das administracións locais, que se viron substancialmente afectados pola Gran Recensión e a pandemia provocada pola Covid-19.
• Progresivo envellecemento do persoal da administración local española – aproximadamente un 46% do seu persoal ten máis de 50 anos – e necesidade de incorporar novos profesionais nos vindeiros anos.
• Unha alta taxa de temporalidade entre o persoal público local, que necesariamente debe ser abordada.
Por outra banda, a posibilidade de inserción laboral do noso alumnado tanto nas administracións locais coma noutras entidades do terceiro sector ou do ámbito privado verase favorecida tamén pola expansión das intervencións das administracións locais no marco da execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Sen dúbida, son numerosas as oportunidades que este escenario expansivo está creando tamén nos servizos de consultoría e apoio ás corporacións locais, levado a cabo por empresas privadas e entidades do terceiro sector.
Finalmente, compre destacar tamén o potencial que a expansión do gasto público terá no ámbito da investigación, o cal sen dúbida dará un impulso á actividade científica das universidades e centros de investigación. Este escenario tamén favorecerá as posbilidades de inserción laboral do alumnado que opte polo itinerario de investigación do mestrado e decida continuar cos estudos de doutoramento.