O plan de estudos do Mestrado en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras require a superación dun total de 60 créditos ECTS (distribuídos en doce materias). Ademais, de cinco materias obrigatorias comúns (24 créditos), o alumnado deberá cursar obrigatoriamente tres materias ( 9 créditos) dun dos dous itinerarios que se ofrecen:
1.- Itinerario de orientación profesional – Gobernos locais especializados: políticas públicas, innovación e territorios sustentables-: focalizado na xestión e no proceso de elaboración das políticas públicas dos gobernos locais.
2.- Itinerario de orientación investigadora –Institucións e políticas locais-: focalizado no estudo e análise das institucións, políticas e retos deste nivel de goberno.
Ademais, o alumando deberá cursar catro materias optativas ( 12 créditos), as cales poderá escoller entre as oito materias que se ofertan deste tipo. O alumnado que o desexe tamén poderá cursar como optativas algunha ou todas as materias pertencentes ao itinerario que non escolleu.
A obtención deste título de mestrado tamén permite ao alumnado con vocación investigadora no ámbito dos gobernos locais e as políticas públicas acceder á etapa de doutoramento, de acordo coas liñas de investigación establecidas no marco dos programas de doutoramento e conforme á normativa da USC.