Custo

 

Os prezos públicos das titulacións de grao, máster e doutoramento das Universidades Galegas cóntanse entre os máis económicos do Estado, situándose moi por debaixo do custe medio das titulacións noutras comunidades autónomas.

 

Visitar https://www.usc.gal/gl/admision/prezos-titulacions-academicas

 

 

 

Bolsas e axudas

 

A USC, o Ministerio de Educación, a Xunta de Galicia e outras administracións e fundacións sosteñen diversos programas e axudas para favorecer o acceso a estudios universitarios, así como axudas de mobilidade, axudas para a realización de cursos de formación complementaria ou prácticas ou a dotación de premios para traballos de investigación ou innovación educativa.

Visitar https://www.usc.gal/gl/admision/bolsas