O Traballo de Fin de Máster (TFM) é de carácter obrigatorio e equivalerá a 6 créditos ECTS. Dito traballo consistirá na realización dun proxecto de investigación ou profesional directamente relacionado coa xestión e as políticas públicas locais. En ambos casos deberase acreditar a posesión dos coñecementos e as destrezas adquiridas durante os estudos realizados no mestrado.
O TFM deberá ser unha aportación orixinal e o alumno ou alumna estará sempre baixo a supervisión dunha titora ou titor que forma parte do persoal docente do mestrado.
O alumnado deberá presentar e defender de forma pública o seu TFM, de tal xeito que poderá mostrar as competencias e coñecementos adquiridos durante os estudos levados a cabo no mestrado.
Esta materia permitirá ao alumnado desenvolver as capacidades de escritura, argumentación, análise e exposición pública, fundamentais para os perfís profesionais do título.