O obxectivo principal deste título é proporcionar ao alumnado unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, en materia de xestión e políticas públicas locais, permitindo a súa especialización profesional e/ou investigadora neste ámbito.
CG1. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do gobernó local e as políticas públicas innovadoras.
CG2. Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada.
CG3. Capacidade de realizar reflexións e análises críticos sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG4. Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en contornas cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e das políticas públicas.
CG5. Habilidade de aplicar os coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun procedemento de investigación orixinal.
CG6. Habilidade para recuperar e analizar información de diversas fontes, que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
CG7. Capacidade para abordar situación complexas, críticas e impredecibles de xeito sistemático e creativo, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG8. Actuar de xeito autónomo na avaliación dos acontecementos sociopolíticos, prever os seus posibles escenarios de desenvolvemento, e adoptar as medidas pertinentes para aproveitar as oportunidades e sinerxias nas que poida verse inmersa a administración local.
CG9. Xestionar e dirixir proxectos, sendo capaz de adoptar diferentes roles dentro dun equipo e as etapas dun proxecto; e adquirir as capacidades de síntese e exposición que permiten presentar e exponer de xeito convincente un proxecto ante os principais actores implicados.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análise e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
CG11. Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos online, as redes sociais, a comunicación e o marketing de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
CE1. Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais, así coma as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas.
CE2. Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
CE3. Capacidade para deseñar e implementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medioambiente e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
CE4. Coñecer os principais paradigmas e enfoques teóricos tanto clásicos como actuáis, así como as novas técnicas de dirección e xestión pública baixo unha perspectiva interdisciplinar.
CE5. Coñecer os procedementos administrativos para a contratación pública e a xestión financieira e presupostaria das facendas locais.
CE6. Xestionar e dirixir equipos de persoas , e resolver conflitos como medio para acadar acordos, seguindo os instrumentos proporcionados pola literatura especializada.
CE7. Ser capaces de interactuar coa cidadanía de forma bidireccional, mediante a Administración Electrónica; e de xerar unha comunicación efectiva, transparente e ética.
CE8. Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para acadar a súa excelencia.
CE9. Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel, para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
CE10. Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
CE11. Capacidade de deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores, para promover un goberno e unha xestión pública eficiente e próxima á cidadanía.